Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Ribadeo require que os veciños limpen os seus solares

Nota de Prensa
O CONCELLO ENVÍA REQUERIMENTOS A 6 VECIÑOS DE RIBADEO PARA QUE LIMPEN OS SEUS SOLARES QUE ESTÁN CHEOS DE MALEZA E DE SILVAS E QUE NALGÚNS CASOS XA LLE AFECTAN Á VÍA PÚBLICA.

Ribadeo, 6 de outubro de 2008. O Concello de Ribadeo envióulles requerimentos a 6 veciños para que procedan a limpar os seus solares que están cheos de maleza e de silvas que nalgúns casos chegan á vía pública. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que <estánse enviando requerimentos desde o Concello aos propietarios de solares e de parcelas da vila dado que os técnicos municipais fixeron nos últimos días unha serie de informes recomendándolle á alcaldía a adopción de medidas de cara a mellorar o ornato e sobre todo a salubridade deses puntos>. O rexedor engade que <hai unha serie de fincas que se encontran con maleza, con silvas… nunha situación que non é a axeitada, polo tanto debo recordar que hai un tempo fixemos unha tandada deste tipo de decretos e agora ampliámolo a outra serie de parcelas>.

Fernando Suárez di que <o que persigo é pedirlles aos veciños propietarios destas parcelas, desde o punto de vista da cordialidade e da colaboración, que teñen que telas en bó estado. Non se cuestiona o dereito á propiedade privada, pero ésta ten tamén unhas obrigas e esas en canto a ornato e limpeza deben estar correctas. Hai veciños que se queixan de que hai silvas que invaden os muros e que poden afectarlle á vía pública e eso é algo que non queremos consentir. Vámoslles reclamar desde o punto de vista cordial que teñen que tomar medidas de maneira inmediata, pero si non é así poderán ser sancionados polo Concello>.

O alcalde de Ribadeo confía <no sentido común destes propietarios (algúns deles non viven aquí en Ribadeo) e agardo que saiban estar á altura das circunstancias ou ben por eles ou ben encargándolle a algunha empresa que segue ou desbroce esas parcelas que non se atopan no seu mellor momento posible>.

Exit mobile version