Nota de Prensa
ISMAEL REGO AFIRMA QUE “O DESDOBRAMENTO DA PONTE DOS SANTOS SUPÓN POÑER AO SERVIZO DOS INTERESES DA MARIÑA E DE GALICIA, A OBRA DE ENXEÑARIA MAIS VANGARDISTA DO MUNDO”
– O dirixente socialista considerou “ estratéxico o avance que supón para a Mariña de Lugo, e súa conexión co interior e co exterior de Galicia”
-Resaltou que esta infraestrutura realizouse “cun respecto escrupuloso á sustentabilidade e ao medio ambiente para non agredir un espazo natural tan relevante como a ría de Ribadeo”
Santiago, 1 de Outubro do 2008. O portavoz do Partido Socialista no Parlamento de Galicia, Ismael Rego valorou reivindicou hoxe o tramo de autovía da Ponte dos Santos como a obra de enxeñaría “máis vangardista” do mundo, o desdobramento da Ponte dos Santos, parte do tramo Varres-Ribadeo da autovía do Cantábrico que inaugurarou hoxe o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o seu homólogo asturiano, Vicente Álvarez Areces.
Rego felicitouse de que o Goberno central atenda esta “necesaria comunicación” e que o fixo, segundo el, cun respecto “escrupuloso” á sustentabilidade e ao medio ambiente para non agredir un espazo natural “tan relevante” como a ría de Ribadeo.
“Empregáronse as tecnoloxías máis avanzadas”, explicou, e presumiu de que o tramo aberto hoxe é “dos máis importantes” desta autovía, que considerou “fundamental” para o Occidente asturiano e para a comarca lucense da Mariña.