Mañá xoves váise tapiar a zona onde están os tanques “para que ninguén poida acceder a eles e despois desde o Concello poñerémonos en contacto con empresas que poidan estar interesadas neste tipo de productos por si pode interesarlles facerse con él; senón teremos que ver si a empresa que cesou a súa actividade hai máis de quince anos ten a obriga – que entendo que sí – de poder tratar ese tipo de residuos ainda que agoran estean nuns terreos que son propiedade municipal. Si estas vías non funcionan a extracción tería que financiala o propio Concello”, engade Horacio Cupeiro.
O concelleiro de Medio Ambiente engade que “ninguén sabía da existencia deses tanques de ácido sulfúrico tata que no último pleno se nos alertou desa posibilidade, e desde ese momento xa nos puxemos a traballar, e xa colocamos estes días un cartel que prohíbe o acceso a esas instalacións a persoas e vehículos. Na visita que cursamos este mediodía á zona comprobamos que se trata de dous tanques cilíndricos que están en posición horizontal. Un está vacío e o outro supostamente contén ese ácido”.
Os terreos nos que se atopa a antiga fábrica de algas son de propiedade municipal desde o momento no que se expropiaron e despois foron cedidos a Costas para a construcción dun paseo marítimo.