Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela oferta dous postos de traballo

Nota de Prensa

O CONCELLO DE BURELA CONTRATA A UN AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA FACER ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL E A UN PROFESOR DE PIANO PARA ESCOLA DE MÚSICA.

Burela, 2 de outubro de 2008. A Consellería de Traballo ven de concederlle ao Concello de Burela unha subvención de máis de 14.000 euros para a contratación dunha persoa para facer arquivo e xestión documental. Segundo a edil de Persoal, Remedios López Villar, <esta subvención enmárcase dentro do I Plan Integral de Emprego de Galicia>. A selección de persoal para cubrir este posto realizaráse a través do INEM. O contrato será por obra ou servizo determinado durante nove meses a xornada completa. Coma requisito esíxelle estar en posesión do título de graduado en educación secundaria, FP1 rama administrativa ou equivalente.

O Concello tamén procederá á contratación dun profesor de piano para Escola Municipal de Música de Burela. O contrato será a xornada parcial de 6 horas semanais ata o 31 de decembro baixo a modalidade de obra ou servizo determinado. É imprescindible estar en posesión do título profesional de música de grao medio na especialidade de piano.

Remedios López Villar asegura que <desde a Concellaría de Persoal estáse a abrir un amplo abano de oportunidades para que a mocidade de Burela poida traballar no noso Concello. Desde que entramos no goberno municipal pasamos de 94 empregados a 182 contratados na actualidade ou en proceso de contratación. Todo este incremento débese aos orzamentos que nos chegan desde outras administración así coma á bolsa de emprego que temos e que leva colocado ao 46% das persoas inscritas. Repito, desde esta delegación estamos a traballar para que a xente encontre traballo na súa localidade>.

Exit mobile version