Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela inviste 33 mil euros no saneamento de Cotos a Ril

BURELA .- O Concello de Burela iniciou as obras de mellora do saneamento na zona de Cotos a Ril, unha actuación que suporá un investimento de máis de 33 mil euros achegados entre o Concello, a Deputación de Lugo e o MAP, dentro do plan POS complementario 2007.
Segundo o concelleiro de Obras, Pascual Doménech, “esta obra supón o inicio da resolución ás necesidades desta zona durante os vindeiros anos, xa que da solución ás vivendas existentes e a outras en construcción, tanto na mellora do abastecemento de auga potable, como na mellora na evacuación das augas pluviais e residuais, para a súa posterior remisión á EDAR onde se procederá á súa depuración”.
O edil socialista engade que “as obras a realizar consisten na excavación de zanxas para a colocación de colectores de saneamento e a mellora da rede de abastecemento, a colocación de pozo de bombeo e impulsión, alimentación eléctrica a pozo de bombeo e reposición do pavimento. Ademáis, esta actuación enmárcase na mellora de infraestructuras hidráulicas, premisa básica para esta Delegación de Obras e Servizos, xa que estamos a traballar nun proxecto máis global, e así poder dar resposta aos problemas existentes no Concello, debido a que a actual rede de colectores é deficitaria: a maior parte é común para as augas pluviais e residuais, o que conleva á sobresaturación da actual EDAR”.

Exit mobile version