RIBADEO .- O voceiro do BNG e concelleiro de Economía, Vicente Castro, considera que chega fora de tempo a revisión plantexada polo ex alcalde, Balbino Pérez Vacas, reclamando os preto de 13.000 euros que deixou de percibir cando lle retiraron o soldo en abril de 2007. Castro asegura que “consideramos que si naquel momento se decidiu que non era politicamente correcto revisar ou anular o acordo agora o momento é menos oportuno nos tempos que corren e dada a situación precaria das arcas do Concello”.
O edil nacionalista engade que “nós non entramos a valorar outra cousa. No seu día nós tomamos unha postura que consideramos axeitada e o que simplemente acordamos agora é non acceder a esa revisión proposta e nada máis. Non nos parece oportuna. Naquel momento o noso concelleiro e tenente de alcalde tivo que incorporarse ao día seguinte ao seu posto de traballo e o Sr. Pérez Vacas tamén puido facelo”.