Nota de Prensa
O BNG RECLAMA A REGULACIÓN DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO E A CREACIÓN DUN REXISTRO MUNICIPAL NO QUE ESTEAN INSCRITOS ESTES COLECTIVOS.
Barreiros, 16 de outubro de 2008. O BNG volta a presentar para o seu debate no vindeiro pleno municipal unha moción sobre a regulación da concesión de subvencións a asociacións. Os nacionalistas aseguran que o Concello de Barreiros, nas partidas destiñadas a subvencións a asociacións de veciños, culturais, deportivas, comisións de festas e demáis colectivos do movimento asociativo destiña 37.200 euros.
O edil Xesús Díaz di que <o feito de non existir ningunha ordenanza ou base reguladora para a concesión destas subvencións e axudas fai que o reparto destes cartos públicos quede ao libre criterio da alcaldía, provocando en moitos casos discriminacións e agravios comparativos entre as diversas entidades do mundo asociativo, ademáis de restar eficacia e eficiencia ao gasto público realizado con cargo ás mencionadas partidas>. Lembran desde o BNG que <o propio informe de intervención sobre os orzamentos de 2008 no referido a subvencións di …considérase convinte recordar unha vez máis a inexcusable necesidade de aprobar normativa municipal que, desenvolvendo a xeral vixente, regule esta materia para dotar de maior obxectividade a xestión desta actividade de fomento municipal… Entón entendemos necesario e urxente regular o procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para realizar programas, proxectos ou actividades culturais e deportivas de acordó cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación>.
O concelleiro do BNG engade que <hai asociacións que traballan moito polo Concello e que perciben 200 euros anuais e hai outras que están prácticamente desaparecidas e que reciben cantidades maiores. Tamén se dan casos sangrantes, coma que a concelleira de Cultura, Adelina Rodríguez, que imaxino que concederá subvencións desde o seu departamento, resulta que para os actos do centenario das escolas dos fillos de San Miguel que se realizaron nesta parroquia e en Santiago de Reinante, á asociación de Reinante (que ela preside) lle deu máis cartos que á de San Miguel facendo prácticamente as dúas os mesmos actos. E tamén teño que decir que hai asociacións que levan máis dun ano agardando para cobrar as subvencións que lles foron concedidas no seu día>.
Díaz Blanco tamén considera que <sería precisa a creación dun rexistro municipal de asociacións do Concello de Barreiros, de xeito que todas aquelas asociacións sen ánimo de lucro que solicitaran as axudas estiveran inscritas en dito rexistro>.