Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo propón non admitir a trámite a petición de Balbino Vacas

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, proporá no pleno que se celebra o vindeiro luns, a adopción dun acordo de inadmisión a trámite da petición de revisión de oficio de acordo plenario de 24 de abril de 2007 exposta hai uns meses polo ex rexedor, Balbino Pérez Vacas.

Lembramos que se trata da petición que presentou o ex alcalde o pasado 19 de xullo reclamando que se lle paguen os preto de 13.000 euros que deixou de percibir na súa etapa coma máximo mandatario municipal, cando PP e Santiago Fernández-Reinante decidiron en pleno retirarlles o soldo ao alcalde e ao tenente de alcalde na pasada Corporación.

O que se decide na sesión do luns 20 de outubro é si se admite a trámite ou non dito recurso. Asunto que foi analizado na comisión informativa celebrada esta tarde no Concello de Ribadeo

Exit mobile version