Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo visitou as obras da N-642 entre Figueirido e Río Cobo

Nota de Prensa

ALFONSO VILLARES SUPERVISOU OS TRABALLOS PREVIOS DAS MELLORAS NO VIAL DA N-642 ENTRE FIGUEIRIDO E RÍO COBO

Cervo, 16 de outubro de 2008.- Alfonso Villares, alcalde de Cervo, mantivo hoxe unha reunión cun responsable da empresa Obras, Caminos y Asfaltos,  encargada das obras de acondicionamento e mellora da estrada N-642 no tramo situado entre Figueirido e Río Cobo, có fin de supervisar os traballos que se están a facer dentro do termo municipal cervense.

Durante o encontro -no cal tamén estivo presente a concelleira Chelo Gallego- o mandatario local e o representante da construtora percorreron distintos puntos nos tres quilómetros do trazado desta estrada de competencia estatal que está sendo modificada. Segundo Villares, a visita “in situ” das zonas onde se está a traballar serviu para “tentar atallar posibles problemas que se poidan derivar desta actuación”.

Entre os aspectos tratados, Villares destacou os referidos á modificación dos accesos á estrada dende puntos coma o de Río Cobo. Neste senso solicitou da empresa que se respecten “ao máximo” os actuais accesos aos distintos núcleos de vivendas e logrou acadar o compromiso do responsable da obra para manter a zona de aparcamentos da urbanización Vía Láctea de Río Cobo; a cal ía a desaparecer de acometerse as obras segundo o proxecto orixinal. “Non solo se van a manter os actuais aparcamentos, senón que coa modificación aceptada hoxe polos responsables das obras habilitarase un novo acceso que permitirá crear prazas de aparcamento a ambos lados da calzada resultante” asegurou Villares.

O alcalde tamén aproveitou para interesarse por outros temas como o  das canalizacións e a recollida de augas pluviais. O primeiro edil pediu unha serie de melloras para que non se produzan problemas de inundacións nas casas que están máis preto da estrada.

Segundo Villares, o Concello pretende que estas obras de mellora “non afecte máis do estritamente necesario” aos propietarios das vivendas polas que discorre o trazado.

As actuacións previstas polo ministerio de Fomento neste tramo foron adxudicadas o pasado 2 de xullo de 2007 e contan cun orzamento de 2,5 millóns de euros. Consisten na substitución da intersección en dobre T do punto quilométrico 52,150 (Río Cobo) por un enlace con paso superior; a construción de dous vías de servizo paralelas á N-642 separadas con barreira ríxida de formigón; así mesmo canalizaranse os cambios de sentido e a incorporación á N-642 evitando as manobras de cruce e xiro á esquerda e entroncarán coa carreteira da Deputación que da acceso a San Ciprián e Sargadelos que conecta co ramal de enlace e coa urbanización de Río Cobo.

Exit mobile version