Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo interesase polo que gana o portavoz do BNG

Nota de Prensa

O alcalde lembroulle ao nacionalista que as cantidades percibidas polas concelleiras con adicación parcial son transparentes e non se agochan detrás de cobros por asistencias a plenos ou comisións

VILLARES DILLE AO  VOCEIRO DO BNG QUE DIGA O QUE COBRA COMA ASESOR DO BNG NA DEPUTACIÓN

Cervo, 29 de outubro de 2008.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, dixo onte que “sería de cabaleiros” que o portavoz do BNG na corporación municipal, Xoán Antón Estua, faga público o seu soldo coma asesor do BNG na área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo.

O primeiro edil cervense sae así ao paso das críticas do voceiro nacionalista sobre as cantidades que perciben as concelleiras con dedicacións parciais neste municipio. Para Villares, as cantidades asignadas aos concelleiros con responsabilidades no Goberno local “son claras e transparentes”. “Son cantidades fixas ao mes que non se agochan detrás de triquiñuelas contables coma as das dietas por asistencias a plenos e a comisións como se fai noutros concellos” asegurou Villares.  Neste senso salientou a necesidade de que as persoas con responsabilidade nas distintas áreas municipais poidan percibir algún tipo de remuneración pola súa labor a prol dos cidadáns. “Estamos a falar dunhas cantidades que roldan os 400 euros ao mes por adicarlle moitas máis horas das que poda imaxinar o voceiro do BNG para que este Concello poida seguir mantendo o grao de servizos que ten”.

Xa que foi o voceiro nacionalista quen sacou “este tema a relucir” Villares botou en falla que non fora Estua o primeiro en “predicar có exemplo” e informase á cidadanía de cal é a cantidade que cobra ao mes coma asesor “de non se sabe que” na Deputación de Lugo. “E xa de paso, tamén sería bo que a señorita Lara López nos dixera cales son as cantidades totais que percibe no seu cargo coma vicepresidenta da Deputación” indicou Villares.

Para o alcalde, os dous políticos na oposición cervense que desenvolven a súa labor na Deputación están a gozar de soldos “máis desafogados” dos que cobran os concelleiros cervenses. “E a maiores, estes dous señores están primados con outras prevendas coma dietas ou coches oficiais. E todo para facer unha labor escura que se achega máis ao traballo de partido que ao traballo nunha institución pública” sinalou.

Exit mobile version