Nota de Prensa
O CONCELLO INICIARÁ EN BREVE UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN SOBRE A RECOLLIDA SELECTIVA CO OBXECTIVO DE REDUCIR OS COSTES QUE AS ARCAS MUNICIPAIS LLE PAGAN A SOGAMA.
Barreiros, 3 de outubro de 2008. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente visitou nas últimas horas a pranta de Sogama en Cerceda para coñecer todos os procesos que alí se realizan. A visita, segundo explica o rexidor, <tamén foi unha toma de contacto para intentar rebaixar os costes que lle estamos pagando a Sogama por enviar alí o lixo que xenera Barreiros. Chegamos a un acordo e imos informar á poboación para mellorar a recollida selectiva, porque estamos tendo unha alta cantidade de impropios. Eso quere decir que hai xente que está utilizando os contenedores amarillos dun xeito non correcto>.
Alfonso Fuente anuncia que <vemos necesario realizar unha campaña de información que iniciaremos en breve o concelleiro de Medio Ambiente e máis eu polas parroquias. Contarémoslles aos veciños como se deben utilizar os contenedores e que é o que se pode botar ou non nas bolsas negras, porque é algo que non debemos descuidar>. O alcalde barreirense engade que <si hai un tempo o faciamos ben, ás veces ó non insistir nesa información se cae en que se volve a facer de xeito incorrecto. Facelo ben é reducir o que lle paga o Concello a Sogama e tamén é reducir os costes dos veciños>.