Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros asegura que os pisos paralizados están e solo urbano

BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que a promoción paralizada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística estáse a construír sobre solo urbano e non sobre solo rústico. O rexedor di que “desde o Concello se nos pediron uns informes por parte do promotor. Nós entendemos que está a construír sobre solo urbano e que a Xunta polo tanto non pode paralizar esa obra. Teríao que facer o Concello ou o xulgado. Si estivese a construír sobre solo rústico sería a Xunta a que tería que actuar. A Axencia de Protección da Legalidade entende que é así e por iso decide a paralización”.

Fuente Parga insiste en que “a nós nos pediu informes o propio promotor para constatar si era así como dicía a Xunta ou non e nós entendemos que os informes din que non. Hai unha errónea interpretación por parte da Axencia da Legalidade en canto ao fondo urbano segundo as normas urbanísticas que estaban en vigor no noso Concello, pero aí está o que ocorre”.

O alcalde conta que “a día de hoxe e pasei por esa obra hai unhas horas seguen traballando nesa promoción porque o promotor considera que está amparado por unha licencia sobre solo urbano que lle concedeu o Concello e dentro do fondo urbano que prevían as normas”. Alfonso Fuente considera que

Exit mobile version