Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros acorda cos promotores non executar os avais

BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, mantivo un encontro hoxe cos promotores que tiñan pendente depositar avais por importe de 3,5 millóns de euros para costear a nova rede de abastecemento de auga, e segundo explica o rexedor “chegamos a un principio de acordo que é bo para todos: para os veciños, para os promotores e para o Concello”.

Fuente Parga lembra que “temos un proxecto que está aí por importe de 3,5 millóns de euros no cal os promotores puxeron avais e cantidades en metálico que están ingresadas nas contas do Concello por importe de 1,2 millóns de euros. E dado que hai moitas obras que aínda non se iniciaron pois somos realistas e as necesidades de abastecemento non son as que estaban previstas nin os prazos previstos tampouco”.

O rexedor asegura que “nós o que fixemos foi unha avaliación do que necesitamos de xeito máis inmediato. E nunha primeira fase iría a construción de depósitos e a súa interconexión. Serían o depósito cabeceira e o depósito de Reinante. isto sería a parte urxente e a que formaría parte dunha primeira fase. E despois habería unha segunda para complementar a depuradora actual cunha nova, pero máis a longo prazo”. Alfonso Fuente engade que “agora imos ver si para esta primeira fase nos chega a cantidade que hai depositada a día de hoxe e sacaríamos a concurso esta primeira fase e así poderíamos demorar o que é a execución deses avais ata que se vexa que a situación económica cambia”.

Exit mobile version