BARREIROS .- O Concello de Barreiros ten previsto celebrar a Xuntanza para maiores, o vindeiro 8 de novembro. O evento está destiñado para os pensionistas maiores de 60 anos que poderán acudir acompañados do seu cónxuxe.
A celebración levaráse a cabo na parroquia de San Cosme. Ás 12 haberá unha misa solemne na igrexa parroquial. Á unha do mediodía está prevista a actuación do grupo folclórico Arco da Vella e xa ás dúas da tarde dará comenzo a comida no Polideportivo Municipal de Barreiros, amenizada por un grupo musical e na que haberá sorteo de agasallos.
Segundo informa o alcalde, Alfonso Fuente Parga, “todas as persoas interesadas en participar nesta Xuntanza para maiores deberá apuntarse nas Oficinas do Concello de Barreiros, no departamento de Servizos Sociais antes do 31 de outubro”.
En novembro Xuntanza para maiores do concello de Barreiros
En novembro Xuntanza para maiores do concello de Barreiros
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña