Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova zona de parque infantil en Burela

BURELA .- A Delegación de Obras e Servizos do Concello de Burela ven de rematar a construción da nova zona infantil no Parque Rosalía de Castro. Segundo explica o responsable desta concellaría, Pascual Doménech “a diferencia doutras zonas infantís existentes no propio parque e ao longo do termo municipal de Burela, consta de elementos especialmente deseñados para nenos de corta idade, co que é unha área exclusivamente destinada ao segmento de poboación de 0 a 8 anos”. O concelleiro socialista asegura que “a idea do proxecto xestouse a partir da demanda de pais e nais de nenos usuarios do citado parque e da necesidade que contemplou o Concello de dotar ao noso pobo de instalacións axeitadas para ocio infantil e de elementos de xogos destinados aos máis pequenos”.

Esta nova zona infantil no Parque Rosalía de Castro “abarca unha superficie aproximada de 300 m2, con capacidade de ampliación, e consta de pasatempos, tren de madeira, igloo, columpios con asentos de cuna e dúas papeleiras con divertidas decoracións, todos eles adaptados á normativa europea sobre espazos infantís e revestimento de solos. As principais funcións destes elementos son a de espertar a imaxinación, apoio ao desenvolvemento da intelixencia, estimulación das funcións psicomotrices, e ao mesmo tempo, o fomento do compañeirismo nos máis pequenos”, engade Pascual Doménech.

O edil de Obras e Servizos di que “dende o Concello, facemos tamén un chamamento a que se respecte ao máximo posible tanto o mobiliario de xogo e peche modular, como o cumprimento das normas e consellos das que consta o panel informativo complementario alí instalado”.

Exit mobile version