Site icon Crónica3.com A Mariña

Non é política

 

Juan José Rodríguez Andina
Carlos Díaz Suárez
Antonio Andina Penabad

Recibimos con gran satisfacción a noticia do sobresemento da causa inxustamente aberta (como quedou claramente demostrado) contra José Carlos Rodríguez Andina. Todos os que o coñecemos e cremos na xustiza sabiamos que este día tiña que chegar, e a nosa única (non por iso pequena) preocupación era saber por canto tempo tería que soportar as insidias e difamacións duns individuos que, ao amparo dunha suposta contenda política, ao que se dedicaron foi a intentar destruír a unha persoa.
Estes políticos de pacotilla demostraron así ser uns miserables, que non vacilan en utilizar calquera medio para satisfacer as súas ambicións persoais. Porque, non nos esquezamos, o que estes lerchos fan non é política, senón unha dexeneración da mesma.
As tres persoas que asinamos esta carta somos familiares directos de José Carlos, polo que sentimos, por suposto, agarimo como persoa, pero tamén respecto como político. E facémolo desde posicións políticas totalmente diferentes, xa que corresponden aos tres partidos con representación parlamentaria en Galicia. Por iso podemos afirmar que as diferenzas políticas, por grandes que sexan, nunca poden xustificar determinados comportamentos, propios de malfeitores, seguidos por algúns, aos que denunciamos e condenamos enerxicamente.
Para finalizar, a aqueles que pensen que situacións como a vivida por José Carlos non son algo que poida ou deba afectarlles, e ante as que poden permanecer pasivos, recordámoslles as palabras de Martin Niemöller sobre a súa propia actitude ante os nazis: “Primeiro viñeron buscar aos comunistas e non dixen nada porque eu non era comunista. Logo viñeron a por os xudeus e non dixen nada porque eu non era xudeu. Logo viñeron a por os sindicalistas e non dixen nada porque eu non era sindicalista. Logo viñeron a por os católicos e non dixen nada porque eu era protestante. Logo viñeron a por min pero, para entón, xa non quedaba ninguén que puidese falar por min.”

Exit mobile version