Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio programou unha charla sobre “Os corsarios na costa de Lugo”

SAN CIBRAO .- A asociación Mariña Patrimonio programou unha conferencia sobre “Os corsarios na costa de Lugo” que impartirá o historiador Xoán Ramón Fernández Pacios. O acto terá lugar o venres, día 24 de outubro, no Museo do Mar de San Cibrao ás oito da tarde. Fernández Pacios fará unha achega ás incursións dos corsarios estranxeiros nas nosas costas así como as dotacións de corsos armadas por veciños da Mariña.

Nota de Prensa

MARIÑA PATRIMONIO ORGANIZA O VENRES UN ACTO SOBRE OS CORSARIOS NA COSTA DE LUGO

A Asociación Mariñapatrimonio organiza o vindeiro venres día 24 de outubro , ás 20 horas, unha conferencia de Xoán Ramón Fernández Pacios que terá lugar no Museo do Mar de San Cibrao. O historiador focego falará sobre Os corsarios na Costa de Lugo. Séc. XVII-XIX . Fernández Pacios fará unha achega ás incursións dos corsarios extranxeiros nas nosas costas así como as dotacións de corsos armadas por veciños da Mariña.

Xoán Ramón Fernández Pacios é licenciado en Historia pola USC e autor de diferentes traballos sobre a Idade Media e a Idade Moderna na Mariña é autor de tres libros nos que destacariamos O Camiño de Santiago na Mariña de Lugo e Foz, un pobo con historia de seu.

Mariñapatrimonio convida a este acto, que se desenvolverá nunha das salas do Museo do Mar e estará apoiada por unha proxección de imaxes, ás persoas interesadas por coñecer a actividade dos mariños e corsarios nas nosas costas.

A asociación agradece a colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo para a organización desta actividade.

Exit mobile version