Nota de Prensa
O ALCALDE E O CONCELLEIRO DE OBRAS PRESENTÁRONLLE AO DELEGADO PROVINCIAL DE MEDIO AMBIENTE UN ANTEPROXECTO PARA REALIZAR UN SEPARATIVO DE AUGAS PLUVIAIS E RESIDUAIS EN BURELA.
Burela, 15 de outubro de 2008. O alcalde de Burela, Alfredo Llano e o concelleiro de Obras, Pascual Doménech reuníronse en Lugo co delegado provincial de Medio Ambiente, Eduardo Vidal, ao que lle presentaron un anteproxecto para separar as augas pluviais e residuais na zona centro de Burela. Unhas obras que terían un coste de 500.000 a 600.000 euros. Llano asegura que <o delegado amosóuse receptivo para axudarnos a financiar esta obras que abarcaría as rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán, ademáis doutras da zona centro. Pedíunos que preparemos o proxecto canto antes e díxonos que podería executarse no ano 2009. Quedaría unha segunda fase para máis adiante>.
No encontro de hoxe en Lugo co delegado de Medio Ambiente <tamén lle presentamos un plan para facer outra obra na zona da Casilla para a canalización de augas residuais e a Consellería vai participar con nós na plantación de árbores autóctonas no Monte Castelo para mellorar o aspecto dese área recreativa. Neste proxecto estarán implicados os colexios de Burela>.