Site icon Crónica3.com A Mariña

Ismael Rego calcula que o goberno galego destinan a comarca un 62,7 por cen mais que gobernando o PP

Nota de Prensa

Documentación adxunta

INVESTIMENTOS CON ADSCRICIÓN A ACTUACIÓNS CONCRETAS NA MARIÑA LUGUESA. ORZAMENTOS DA XUNTA 2009

Nota de Prensa

ISMAEL REGO ACUSA AO PP DE FACER UNHA LECTURA PARCIAL E MANIPULADORA DOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA A MARIÑA

– O dirixente socialista afirmou que “os 48.119.567 millóns de euros que os orzamentos destinarán á zona supoñen un 62.7%, mais que os últimos orzamentos do ano 2005 cando Gobernaba o PP”

-“O PP nunca quixo entender o gran protagonismo que o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, atribúe ao norte de Lugo, e que aparece reflexado en cada un dos orzamentos aprobados polo Goberno”

– Afirmou que as obras do “Corredor Ferrol-San Cibrao empezarán no ano 2009, gracias ao impulso da actual Consellería de Política Territorial”

Santiago, 30 de Outubro do 2008. O portavoz do Partido Socialista no Parlamento de Galicia, Ismael Rego acusou hoxe ao PP de “facer unha lectura parcial e manipuladora dos orzamentos da Xunta para a Comarca do ano 2009”.

Rego respondeu así as criticas do PP sobre este asunto.

Rego explica que “os 48.119.567 millóns de euros que os orzamentos destinarán á zona supoñen o 62.7% mais que os últimos cando Gobernaba o PP”. Destacou que “nos últimos 3 anos A Mariña Luguesa mantivo un protagonismo especial nos orzamentos da Comunidade Autónoma, como froito da consideración por parte do Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño”. Segundo o deputado socialista “esta é unha Comarca estratéxica para a orientación do novo modelo de política económica de Galicia, donde A Mariña, aparece reflexada como unha das Comarcas mais activas, económica e socialmente de Galicia”.

O portavoz socialista subliñou “a vontade do Goberno Galego de poñer as condicións necesarias para o desenvolvemento de toda a capacidade emprendedora dos cidadáns da Mariña, a través da mellora e da modernización das súas infraestruturas e equipamentos co obxectivo de converter o seu territorio nunha das Comarcas mais competitivas do Norte de España”.

Criticas ao PP
O dirixente socialista lamenta “a lectura manipuladora e torticeira dos orzamentos que fai o PP, que só se pode atribuír a mala fe ou a ignorancia de quen o fai”.
Polo que aconsellou “aos axentes económicos e sociais e a cidadanía en xeral da Mariña de Lugo, a que fagan unha lectura obxectiva dos orzamentos que foron aprobados e publicados pola Xunta. Para establecer en torno a súa realidade obxectiva, e convertelos nun estimulo para a iniciativa privada, derivado da aposta que fan polos grandes proxectos en infraestruturas e equipamentos para a Zona, e pola potenciación dos servizos básicos para a poboación”.

Ismael Rego di que “o PP nunca quixo entender o gran protagonismo que o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, atribúe ao norte de Lugo, que aparece reflexado en cada un dos orzamentos aprobados polo Goberno, e na súa estratexia para a Ordenación Territorial de Galicia, donde asume un papel protagonista no Plan de Reequilibrio Territorial, nas Directrices de Ordenación do Territorio e no propio Plan Director das Estradas de Galicia”.

Corredor Ferrol- San Cibrao
Afirmou que as obras do “Corredor Ferrol-San Cibrao empezarán no ano 2009, gracias ao impulso da actual Consellería de Política Territorial”.
Por ultimo o portavoz socialista considerou “ unha tomadura de pelo que o PP fale de retrasos na execución do Corredor Ferrol- San Cibrao, que na súa etapa de Goberno en Galicia e en España descartaron, desviando a Autovía de Barreiros hacia Vilalba”. Xa que segundo Rego “ non deixaron nin un só estudio ou proxecto realizado para a execución da que chamaban Vía de Alta Capacidade, polo que o actual Goberno tivo que partir de cero neste tres anos, facendo estudios, proxectos e expropiacións para chegar ao estado actual que posibilita a licitación e inicio das obras”, concluíu.

Exit mobile version