Falta a decisión que determine como solventar a agonía de O Celeiriño
redac
CELEIRO .- Veciños de O Celeiriño retiran a conta gotas enseres das súas vivendas, “por orde de gravidade”, titula hoxe La Voz de Galicia, mentres esperan unha decisión que determine como se solventará a agonía que sofre o barrio. Nun rápido repaso dos titulares de prensa sobre este asunto, deixase ver unha crónica anunciada: Buscan como evitar que un barrio histórico se derrube. O derrube ameaza O Celeiriño. Novo fracaso para solventar o problema provocado en O Celeiriño. Desaloxadas catorce vivendas polo risco de derrube. Polo menos cinco casas de O Celeiriño terán que ser derrubadas. O Celeiriño, un barrio fantasma. O alcalde asegura que “a posteriori, se reclamarán ó responsables todos os danos”.
No medio quedan razoamentos como o subliñado e esperpénticas declaracións.
A desaparición dun barrio e o derrube accidental das casas apartase da normalidade especulativa e non son os contribuíntes quen deberían afrontalo.