O mércores ás oito da tarde na sala de artes da Casa da Cultura de Burela inaugúrase a exposición Escolas de Habaneiros. Memoria gráfica. Está organizada pola Delegación de Cultura de Burela, o IES Monte Castelo e conta coa colaboración do Arquivo da Emigración Galega.