por Otero Regal
Entre pitos e frautas, cegos e escobas. Pasaxes e paisaxes que enchen de vida os nosos ollos. Raparigos novos cantando alegres percorren as nosas vías, plácido atardecer. E entre murmurios, risas e homenaxes salta unha estrela por encima das demais. E no seu esplendor o teu sorriso. E na súa misión, a túa felicidade.
E entre pitos e frautas, cegos e escobas, unha serea, a serea de Pastor Diaz Corbelle, da coba da san Xuan o vello ou da Doncela ala o fin da Insua e pereto de a Abrela rexurdindo do mar. Digamos que si, digamos que non, soltou o seu sorriso e volveu a nadar. Non en dirección ao ceo, que estaba ocupado, por uns anxos que ían de azul, senón coas súas grazas tinguidas de amor, ao fondo do mar xusto ao seu recuncho. E entre sabas grises, almofadas de pluma encheron de festa toda unha ola branca e azul.
Cargaron de bicos trece mil cañóns como os do parque Pernas Peon e logo sementaron espigas de paz. E cando se perdan, dá igual o seu sentido, non é máis prohibido o que non se ve. Volverán contentas, doces e risueñas ata onde esteas.
E, entre pitos e frautas, cegos e escobas varreran a túa pena con gran ilusión. Farán que che esquezas que hoxe non lles vexas, mañá será a túa gran ocasión. E se non che tocan a música da vida, ou se non che quedan os tímpanos con ferida, farán que che deas conta da súa razón. Que esta vida, está moi ferida e se non a curamos, irásenos pouco a pouco, nota sobre nota como en de eses valses que tocaba a Variedades en noites de invernía no vello casino . Seamos valentes, démonos a volta, miremos de fronte o que trae o mar. E cun sorriso digámoslle adios, que che vaia ben, grazas por vir.
Berrémoslles aos políticos e xentes de mal vivir: Nós non somos carne da túa carne, e canto máis amodo nos asaltas máis rápido pensamos. E mentres tanto rapaz que todo o que che envolva sexa alegría, que as túas penas non empañen xamais ás miñas. E, entre pitos e frautas, cegos e escobas dígoche ata sempre coa mellor dos meus sorrisos.