Segundo indicou Pilar Armada, a reunión serviu para quer os representantes das asociacións e os veciños en xeral puideran ver a adecuación feita polo Concello na planta superior do Ecomuseo “e ver si era ou non do seu agrado para adicalo coma lugar de reunión e de ocio para os maiores”. Neste senso sinalou que os asistentes á xuntanza quedaron moi satisfeitos das instalacións ,“e tamén fixeron algunhas ssuxestións que teremos en conta” avanzou.
A responsable de Asuntos Sociais de Cervo sinalou que o Centropodería estar aberto a primeiros do vindeiro mes de novembro; unha vez acabe de rematar a dotación do inmoble. “Tan só faltan un par de cousas coma traer unha televisión, xogos de mesa, e algún outro detalle que esperamos ter arranxado moi pronto” dixo Armada.
O Centro Social para Maiores de Cervo era unha das promesas feitas polo actual grupo de Goberno Municipal durante a pasada campaña e unha das reivindicacións feitas polos veciños de Cervo e dos núcleos de poboación veciñas (Figueirido, Daián, Sargadelos, Espiñerido, etc…). As súas instalacións son axeitadas para adicalas ao esparexemento dos maiores á vez que serva coma punto de referencia e de lugar de encontro para todos os nosos maiores; tanto do núcleo de poboación de Cervo coma do resto do concello.