Site icon Crónica3.com A Mariña

Emigrantes retornados en situación de necesidade poden solicitar axudas

RIBADEO .- A Oficina de Atención ao Inmigrante do Concello de Ribadeo informa da concesión de axudas económicas, individuais, directas, extraordinarias, non periódicas, de carácter social e asistencial, dirixidas aos emigrantes  galegos e aos seus descendentes en situación de risco social que residan en Iberoamérica, así coma a emigrantes retornados que se atopen nunha situación de necesidade.
Poderán solicitar as axudas da presente convocatoria as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
-Ser maior de idade.
-Ser emigrante galego ou descendente con nacionalidade española de emigrantes galegos ata a 3ª xeración, con residencia en calquera país de Iberoamérica: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Puerto Rico, Uruguai e Venezuela.
-No caso de emigrantes retornados con residencia en Galiza, a data de retorno a esta comunidade non pode ser anterior a dous anos antes da solicitude.
-Carecer de bens e ingresos que permitan o nivel mínimo de subsistencia.
O prazo de solicitudes destas axudas remata o 3 de novembro de 2008, polo que os interesados deberán dirixirse antes desa data á Oficina de Atención ao Inmigrante, no Auditorio Municipal de Ribadeo, en horario de 9 a 14 horas, e alí se lles dará máis información sobre estas axudas.

Exit mobile version