Un xulgado de Santiago de Compostela desestimou a demanda civil interposta pola empresa ACUINOR contra ADEGA por ter paralizado as obras da piscifatoría de Rinlo. O xuiz, que tamén impón as costas ao demandante, exclupa a ADEGA de actuar con “mala fe e comportamento abusivo” e rexeita que houbera “abuso de dereito” algún.