Proxectos de rehabilitación
Fernando Suárez volta a”poñer o dedo na chaga da situación do casco vello de Ribadeo, de moitos dos inmobles que se encontran nunha situación realmente mala e que despois de estar tomando medidas nos últimos meses desde o goberno municipal vemos os primeiros froitos. Hai moitos propietarios que prácticamente non viven aquí, pero que xa están empezando a traer proxectos de rehabilitación, o que nos indica que vai ser a liña que vamos ter que seguir desde o Concello e en todo caso endurecéndoas ainda máis”. O alcalde de Ribadeo asegura que”non pode ser que nos estea pasando cada dous por tres desprendementos de fachadas, vivendas que se caen… esto non pode ser. Levamos desde hai un tempo actuando, fixemos xa dúas execucións subsidiarias porque os seus propietarios fixeron caso omiso ás nosas advertencias e esto contrasta tamén coas críticas que por parte da Corporación Municipal lle fan ao equipo de goberno por teimar en que os propietarios poidan rehabilitar esas vivendas”.
Man dura
Fernando Suárez recalca que”esa política vámola seguir e máis imos redoblar esforzos ata conseguir que o casco vello sexa un lugar seguro para transitar, agradable para vivir e que sexa unha fonte de riqueza desde o punto de vista turístico e que todas estas inversión públicas que se están a realizar servan para algo. Eu confío en que así será dentro de pouco, pero entretanto tomaremos as medidas coercitivas e subsidiarias que estimemos pertinentes de cara a garantir a seguridade pública dos que viven alí e dos que transitan polo casco vello”.