Site icon Crónica3.com A Mariña

Cree o PP de Burela positivo que se acorde un convenio de persoal

Nota de Prensa

GRUPO MUNICIPAL  POPULAR DE BURELA

O GMPP vé positivo que, un ano despois, se asine un novo convenio de persoal.

Os populares din que o alcalde incumpliu o convenio anterior.

O GMPP de Burela afirmou hoxe mediante unha nota de prensa que considera positivo que se veña de formalizar, ainda que un ano despois, un novo convenio de persoal para o concello de Burela, ainda que non entra a valorar os termos do acordo. O PP lembra que o anterio convenio foi negociado a principios de dous mil cinco e tamén asinado por todos os sindicatos.

Os populares lembran que o alcalde incumpliu o convenio anterior, que indicaba claramente que tiña que estar redactado e asinado antes do trinta e un de Decembro do ano pasado, para entrar en vigor o día un de Xaneiro do presente ano, o que implicaba  un compromiso mutuo de sindicatos e administración de abrir unha nova negocición e darse un prazo para pechala. Para os populares, o alcalde puxo a marcha que nel é habitual, é decir, a corta, e estivo dez meses facendo e decindo que negociaba. Mentres tanto, había negociacións por detrais e ás costas dos sindicatos con determinados traballadares do concello.

Para o GMPP, o alcalde e a súa delegada de persoal quedaron durante esta negociación en entredito, porque, ainda que acadaron o acordo de todos os sindicatos, non é menos certo que estes tiveron que denunciar os documentos en vigor anteriormente para forzar a negociación do novo convenio, á vista do nulo interese  demostrado polo alcalde.

O GMPP afirma que hai cuestións sen resolver desde dous mil sete.

Aseguran que a obra de saneamento da Casilla á Marosa segue parada.

Os populares queren saber quen costeou a viaxe e estadía do alcalde e dous concelleiros na Expo de Zaragoza.

O GMPP de Burela afirma que un ano despois ainda hai cuestións sen resolver. Así, afirman que a obra de saneamento da Casilla á Marosa segue parada, no mesmo estado ca hai un ano, polo que no pleno a celebrar hoxe volveranlle a preguntar ó alcalde por esa obra, porque é unha obra do POL de 2006 que tén data de caducida, e se poden perder fondos europeos. Esta obra foi adxudicada pola propia Deputación en aproximadamente cento vinte mil euros, e nin o alcalde nin o bigoberno da Deputación saben darle continuidade á mesma.

Para os populares, esto é unha mostra máis da desidia e pereza con que se toma as cousas o alcalde.

Ademais, os populares preguntarán polo custo da viaxe do alcalde e dous concelleiros máis á Expo de Zaragoza. Como se sabe, nos medios informativos o alcalde pregonou que se ía invitados pola delegación de Cabo Verde. Agora resulta que cada un dos tres representantes do concello de Burela pasan dietas, polo que o PP vén de solicitar acceso á documentación xustificativa de tal gasto.

Exit mobile version