A concelleira de Xuventude e Cultura, Chelo Gallego, e a responsable de Muller e Asuntos Sociais, Pilar Armada, reúnense con xoves de San Ciprián con idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos para coñecer as súas suxestións e inquedanzas e informar das xestións que están a desenvolver para habilitar un local para o lecer. Tamén tratarán sobre cuestións relativas á oferta deportiva municipal.