Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo solicita información do trazado da estrada Ferrol-San Cibrao

NOTA DE PRENSA

O alcalde, Alfonso Villares, dirixiu senllos escritos á Consellería e á súa delegación en Lugo para que se lles remita unha copia do trazado definitivo desta estrada no treito Celeiro- San Ciprián

CERVO SOLICITA DA CPTOPT INFORMACIÓN POR ESCRITO DO TRAZADO DA VAC FERROL-SAN CIPRIÁN

* Nos escritos remitidos onte, os integrantes do Goberno local de Cervo non ocultan a súa sorpresa de que ata o de agora a Consellería de Política Territorial non lles comunicara o trazado definitivo da referida vía, nin tampouco contestara ás alegacións formuladas por este consistorio o 23 de setembro de 2003.

* Lembran aos responsables de Política Territorial que dende o pasado 18 de xuño (data da publicación no DOGA da urxente ocupación dos terreos para levar adiante esta infraestrutura) levan poñéndose en contacto con eles ao obxecto de coñecer o trazado da vía, sen obter resposta ao respecto.

* A intención dos responsables cervenses é que o traxecto da nova estrada discorra pola zona interior do municipio. Por iso precisan coñecer por onde discorrerá o trazado entre os puntos PI 27 e PS 28 (que discorren polo municipio de Xove); xa que esta ubicación no trazado pode supoñer “un condicionamento aos intereses do noso concello”.

Exit mobile version