Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo presentou o programa de actividades lúdicas de outono

Nota de Prensa

As concelleiras de Asuntos Sociais e Medio Rural deron a coñecer a programación prevista para os vindeiros meses

PARCHÍS, TUTE, TEATRO E OBRADOIROS DE REFORZO DA MEMORIA, PRINCIPAIS ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER EN CERVO

* Este ano como novidade as actividades desenvolveranse ao longo de todo o termo municipal xa que estenderanse aos centros sociais do rural.

Cervo, 03 de novembro de 2008.- Este mediodía as edilas de Asuntos Sociais e Muller; e de Patrimonio Rural e Deportes do Concello de Cervo, Pilar Armada e Cervo presentou o programa de actividades lúdicas de outono respectivamente, deron a coñecer xunto coa presidenta da asociación de mulleres rurais “As Espalladoras” Inés Cobas,  a programación de actividades de lecer que se desenvolverán nos vindeiros meses de outono.

Unha das novidades deste ano é a organización dun campionato de tute e de parchís por parellas que de desenvolverá a modo de eliminatoria ao longo de todo o termo municipal. Os enfrontamentos celebraranse nunha primeira fase en cada un dos centros sociais situados nas parroquias do rural na vila de San Ciprián e na capital cervense. As parellas mellor clasificadas nesta primeira fase accederán a unha eliminatoria final da que saírán os tres primeiros clasificados.

NOVIDADES NOS OBRADOIROS DE MEMORIA

Este ano tamén terá lugar a celebración dos tradicionais obradoiros de reforzo da memoria. Poderán participar neles os veciños de Cervo con máis de 50 anos que desexen reforzar a súa capacidade de retención de ideas, recordos e imaxes. Coma novidade terá lugar un taller moi especial destinado a fortalecer as áreas de lingua e aritmética (lectura, operacións matemáticas e números) nas que todos os médicos e especialistas coinciden serven de “ximnasia para o noso cerebro”

Por outra banda,  tamén se desenvolverá unha nova edición do taller de teatro. Unha actividade que celebra xa o seu terceiro ano de existencia e o cal serviu para a creación do grupo de teatro afeccionado Ardora de San Ciprián. Mari Paz Rodríguez dirixirá esta actividade.

Así mesmo está previsto celebrar unha nova edición de guateques polos distintos núcleos de poboación do termo municipal. Ata agora estes guateques víñanse celebrando os domingos, pero nesta edición os bailes organizaranse os sábados.

Nestas actividades organizadas polas concellerías de Medio Rural e Asuntos Sociais do Concello de Cervo colabora a asociación de mulleres rurais “As Espalladoras” .

INSCRICIÓNS ATA O 24 DESTE MES

O prazo de inscrición nestas actividades permanecerá aberto do 6 ao 24 do presente mes de outubro. Os interesados poderán inscribirse na Casa da Cultura de San Ciprián, no Concello de Cervo e en cada un dos centros sociais da zona rural nos horarios habituais de apertura.

Exit mobile version