Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo pide a cesión dos locais da Casa do Mar para a Xuventude

CERVO .- Na tarde de onte as concelleiras do Equipo de Goberno municipal Chelo Gallego (Cultura e Xuventude), Pilar Armada (Muller e Asuntos Sociais) e Yolanda Pedreira (Deporte) mantiveron unha xuntanza con rapaces de idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos co obxecto de coñecer as súas inquedanzas e suxestións en materia de xuventude.

O tema principal obxecto de debate foi a reclamación que o Concello de Cervo efectuará á Xunta de Galicia para solicitar a cesión temporal dos locais que viñan sendo empregados polo SERGAS na Casa do Mar de San Ciprián e que na actualidade están pechados e sen ningún tipo de uso. Mozos e mozas de San Ciprián coinciden coas edís do Goberno municipal na importancia de contar con estes locais para destinalos á xuventude. “Hasta que la administración autonómica decida el futuro uso que desde quieren dar a estas instalaciones, hemos coincidido en la importancia de habilitar allí un local de juventud, donde puedan estar los chicos y chicas del municipio en su tiempo libre y de ocio”

SOLICITUDE POR ESCRITO

O Alcalde de Cervo dirixiu no día de hoxe unha carta á Vicepresidencia da Xunta de Galicia para facer efectiva esta reclamación, como órgano con competencias na xestión destes locais. De xeito previo ao envío desta solicitude formal e por escrito, membros do Goberno municipal mantiveron contactos telefónicos interesándose por este asunto con responsables da administración autonómica. O Executivo cervense esperará ata principios do mes de novembro para obter a resposta oficial da Xunta respecto desta petición e non descarta aportar sinaturas dos mozos e mozas do concello para apoiar esta reclamación no caso de que non sexa tida en conta.

ESPAZOS PARA A XUVENTUDE

A Concellería de Xuventude lembrou que o Goberno municipal está a desenvolver un gran esforzo na habilitación de espazos especialmente destinados para os mozos e mozas do municipio. Neste senso cedeu o local coñecido como o Caseto do Veterinario sito na capital municipal, promoveu a través do programa “ao teu carón” a apertura dos centros sociais nas parroquias do rural con acceso gratuíto á rede internet, e habilitou un espazo para o ensaio de grupos musicais nas instalacións do clube de Rio Cobo, tras a demanda efectuada por un grupo de rapaces. “Ahora es el turno de completar estas instalaciones en San Ciprián. Queremos habilitar estos locales que se sumarían a los de la Casa de la Cultura, con biblioteca y punto de acceso a internet, que tienen un destino fundamentalmente educativo”

COMPROMISO COA XUVENTUDE

O Concello de Cervo unha vez cedidas estas novas instalacións as dotará do mobiliario oportuno para que poidan servir como centro de lecer para os máis xoves, televisión, consola de videoxogos, e unha mesa de ping-pong. O encontro serviu tamén para dar conta das actividades das Escolas Deportivas Municipais e coñecer suxestións respecto das actividades que se poden desenvolver neste eido.

Exit mobile version