BURELA .- O luns pechará ao tráfico a rúa Torrentes e a rúa Buenos Aires, recomendan o acceso ao porto de Burela pola rúa Eijo Garay para turismos e pola avenida de Aa Mariña para vehículos pesados. Tamén pechará o tramo da rúa Celso Emilio Ferreiro entre rúa Buenos Aires e rúa das Flores,
Nota de Prensa
O LUNS PRODUCIRÁNSE NOVOS CAMBIOS NO TRÁFICO EN BURELA DEBIDO ÁS OBRAS QUE SE ACOMETERÁN NAS RÚAS TORRENSTES E BUENOS AIRES.
BURELA .- O vindeiro luns 3 de novembro produciránse novos cambios no tráfico rodado en Burela, debido ás obras de saneamento que se iniciarán estes días na rúa Torrentes e na rúa Buenos Aires, segundo informa o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech.
A circulación quedará do seguinte xeito:
-Rúa Torrentes: pechada ao tráfico.
-Rúa Buenos Aires: pechada ao tráfico, polo que se recomenda o acceso ao porto de Burela pola rúa Eijo Garay para turismos e por Av. da Mariña para vehículos pesados.
-Tramo da rúa Celso Emilio Ferreiro entre rúa Buenos Aires e rúa das Flores: pechado ao tráfico. Habilitarase un acceso provisional para as vivendas e garaxes comprendidos neste tramo pola rúa Zeppelín, “recordando que é necesario extremar a precaución ao pasar a ser de doble dirección”, explica Doménech Grueiro