Nota de Prensa
O GMP afirma que o pleno do mércores demostrará quen está cos intereses dos veciños e anuncian propostas.
Os populares din que o alcalde non aporta nada a este pleno.
Consideran “patético” que en dez meses non se tratara ningún asunto relevante .
O GMPP de Burela afirmou hoxe mediante unha nota de prensa que no pleno do vindeiro mércores demostrarase claramente quen está cos intereses dos veciños e quen está a pasar de todo e a tomar decisións de carácter puntual e circunstancial.
Para os populares, o alcalde non se atreve a tocarlle á ordenanza dos vados, porque xa a subeu o doble este ano; non lle toca á ordenanza de axuda a domicilio, porque tamén a subeu, tanto, que provocou queixas; e non lle queda máis remedio que baixar a contribución, cando nós xa avisamos, hai agora un ano, de que había que contela porque viñan tempos de crise económica.
Ademais, para os populares non se vé, por ningún lado, medidas de apoio ás familias máis necesitadas, o que demostra o progresismo deste alcalde e do seu bigoberno, especialmente na situación de crise que estamos a vivir.
O GMPP afirmou que na comisión informativa de onte anunciou unha enmenda de añadido ás ordenanzas presentadas polo alcalde e unha moción de carácter urxente sobre este mesmo asunto. Os populares queren que non se suba o prezo da recollida de lixo, e tamouco a ocupación de vía pública por materiais de obra. Tamén queren que as familias numerosas teñan unha bonificación do trinta por cento da contribución, que se aumente do vintecinco por cento ó trinta por cento a bonificación ós alumnos censados e residentes en Burela da Escola de Música, e que se aumenten os tramos de gratuidade do servicio de axuda a domicilio.
Os populares tamén consideran que o alcalde non aporta nada a este pleno, porque leva dez meses sen incluir ningún asunto relevante para dinamizar a vida social e económica do concello; van dez plenos este ano nos que quen presentou propostas e quen propuxo medidas foi o PP. A apatía, a desgana, a pereza deste alcalde é totalmente patética.
Finalmente, os populares recoméndanlle ó alcalde que se quere facer uns presupostos “con sentidiño” para o ano dous mil nove, pode lerse de novo a moción presentada polo PP hai un mes, de medidas presupostarias, e terá a clave ainda que el votou en contra. Para que diga que non aportamos nada.