Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela pon en marcha un club de lectura

BURELA .- A delegación de Cultura de Burela vai poñer en marcha un club de lectura, porque segundo explica Neves Cando “sabemos que hai na nosa vila moitas persoas ás lles gusta moito ler e que gozan coa lectura. A idea que temos é xuntar a estas persoas para ler entre todos un mesmo libro e despois reunirse de xeito periódico para contar o impacto que tivo entre nós e os sentimentos, as sensacións e as reflexións provocadas polo texto”.

A edil nacionalista asegura que “non se trata dunha reunión para especialistas en crítica literaria nin para profesionais da literatura, senón para lectores e lectoras comúns. Trátase dunha actividade cultural e de lecer que pretende funcionar coma punto de encontro e de intercambio de opinións sobre obras da literatura universal tanto clásicas coma contemporáneas”. Neves Cando engade que o obxectivo deste clube pasa por

Exit mobile version