BURELA .- A concelleira de Benestar Social, Neves Cando e o presidente provincial da Cruz Vermella, Luis Abelleira, asinaron esta mañá no Concello un convenio de colaboración para desenvolver ata o mes de xuño un programa destiñado aos enfermos de alzheimer e doutras demencias. Segundo Neves Cando o obxectivo “é mellorar a autonomía persoal así coma a integración e permanencia no medio familiar e social mentras sexa desexada e tamén pretende aumentar a capacidade para realizar distintas actividades sociais e psicosociais non só para as persoas que sofren esta enfermidade nas primeiras fases senón tamén para aquelas que padecen outro tipo de demencias ou para previr a súa aparición. O que se pretende é conseguir un maior apoio e participación dos familiares ou coidadores e aumentar a autoestima e potencias as habilidades sociais das persoas maiores do noso Concello”.
TRES OBRADOIROS
Grazas a este convenio desenvolveránse ata o mes de xuño tres obradoiros: os luns e mércores de 10 a 12 haberá un obradoiro de entrenamento de memoria e actividades da vida cotiá que ten coma obxectivo, segundo a edil nacionalista, “estimular a memoria e os recursos cognitivos existentes, favorecer o seu exercizo e preservar a memoria mediante o desenvolvemento das tarefas axeitadas”.
Os martes de 10 a 11 impartiráse un obradoiro de habilidades sociais “para desenvolver as habilidades da comunicación cun bó autocontrol emocional por parte da persoa”, segue a contar Neves Cando. E os venres de 10 a 11 haberá un obradoiro de expresión corporal e relaxación, “trátase de adquirir conciencia do momento e de axudar ao enfermo a minimizar o desgaste físico e emocional tanto nel coma nos propios familiares ou coidadores”.
Os interesados en participar neste programa poden inscribirse desde hoxe tanto nas oficinas municipais de Servizos Sociais coma na sede da Cruz Vermella en Burela.
Neves Cando engade que “con este programa queremos ofrecer un servizo máis aos veciños e veciñas de Burela neste caso atendendo a unha problemática moi concreta que é a do alzheimer e outras demencias. A finalidade é ralentizar o proceso de evolución desta enfermidade, previla e diminuir o impacto na familia. Trátase de conseguir que o enfermo estea ben atendido e que teña a maior calidade de vida posible e recoñer e comprender a enfermidade do alzheimer. É o primeiro paso para que coidadores e familiares poidan encauzar mellor os seus esforzos”.