Site icon Crónica3.com A Mariña

Barcia pídelle ao goberno de Burela máis traballo

NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BURELA

O GMPP ve conflictos no goberno burelés.

Lémbralle ó Bloque que é goberno e pregúntanse que pintan Cando e Legaspi no Concello.

Os populares piden traballo e menos festas.

O GMPP asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que as manifestacións do BNG deste fin de semana demostran que hai conflictos no bigoberno burelés e que hai total asusencia de traballo e de adicación por parte do alcalde. Para os populares resulta chocante a nota de prensa do Bloque, que pretende ser goberno e oposición ó mesmo tempo, e eso é imposible.

O Bloque tén que lembrar que forma parte do goberno burelés, desde hai ano e medio; agora non vale con cargarlle as culpas ó PP, senon que hai que traballar, incar o codo, e deixarse de festas e de lerias, que deso a xente non come.

Polo tanto, que non pregunte en público polos retrasos de Torrentes, que son máis ca evidentes, e que lle poña as pilas ó alcalde, que é máximo responsable do que está a ocurrir, vista a súa deixadez e pereza. Que lle pregunte ó alcalde, que para eso gobernan xuntos, ou é que non hai relación entre eles? Pois se non a hai, que o digan. E ademais, se estando no concello non saben porque hai retrasos en Torrentes, que pintan Cando e Legaspi no concello? Que se vaian para a casa.

Pero é que hai máis retrasos có de Torrentes: non se sabe nada do centro comercial aberto, tampouco do parking soterrado, etc.,; en definitiva, non se poñen en marcha proxectos ilusionantes e a vida municipal limítase a pedir e dar subvencións; e de esto é culpable tamén o Bloque.

É de suponer que de todo esto se falaría nesa reunión que ían ter para revisar os pactos de goberno, e se o falaron, sería bón que os cidadáns o souperan. Polo tanto, que o digan.

O Bloque está preocupado polas vivendas de Torrentes e din que o PP non fixo nada pola vivenda de protección: é mentira, porque foi precisamente o PP quen impulsou as trinta e dúas vivendas do Torno, que por certo están como están, e do que tén a culpa o Bloque.

Exit mobile version