Os encontros dos Axóuxeres son unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de favorecer o uso do galego como lingua habitual nas comunicacións no seo da familia. Estas montaxes realizaranse por toda Galicia, cunha capacidade máxima de 60 asistentes para favorecer a interacción do público asistente.