RIBADEO .- A Dirección Xeral de Patrimonio ven de confirmarlle ao Concello de Ribadeo que as obras realizadas na balaustrada da Aduana Vella adáptanse perfectamente ao proxecto presentado e que cumpren coa resolución de Patrimonio “polo que non precisan de modificación algunha”. Tamén sinalan que a cor branquecina que presenta irá cambiando co paso do tempo “e iráse oscurecendo e ademáis destaca porque está ao lado dun edificio de moitos anos”.
No caso da fonte dos Catro Caños “o Concello comprométese a modificar a parte superior da fonte, xa que as medidas que se tomaron dunha foto antiga non cadran co que alí se fixo”. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “esa parte que se vai cambiar será reutilizada coma elemento de ornato noutro punto da vila. A fonte estará lista, máis ou menos, en canto rematen as obras que se están a realizar na rúa”.