Nota de Prensa
SATISFACCIÓN DO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE TRAS O ARQUIVO DA DENUNCIA PRESENTADA POR AUGAS DE GALICIA POLOS VERQUIDOS DE AUGAS RESIDUAIS QUE FORON PARAR Ó RÍO DAS PEDRAS PROCEDENTES DO ANTIGO VERTEDOIRO.
Ribadeo, 10 de outubro de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, amósase satisfeito tras o arquivo da denuncia presentada por Augas de Galicia o 19 de 2007 polos verquidos de augas residuais que foron parar ó río das Pedras procedentes do antigo vertedoiro.
Cupeiro di que <desde o Concello de Ribadeo atopámonos satisfeitos polo apoio da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental á hora de solucionar un problema heredado no vertedoiro selado na parroquia de Ove en canto aos lixiviados, ao biogás e ao desbroce. Hai que lembrar que o vertedoiro estaba abandoado desde había varios anos. A día de hoxe está desbrozado, canalizado á depuradora e estáse queimando o biogás coma sempre debeu estar e ademáis con cargo á Consellería>.
O edil de Medio Ambiente asegura que <hai quen se denuncia asimismo, xa que desde que o Sr. Rivas vendeu o selado a bombo e platiño no 2001 despois xa se olvidaron de atendelo, e así estaban os lixiviados rebosando ao río das Pedras tal e como aparece reflexado na denuncia que o Seprona presentou diante de Augas de Galicia. A día de hoxe, repito, contamos con analíticas feitas por empresas solventes e agora archivanesa denuncia. Con esta obra aforrámoslle ao Concello sobre 24 millóns das antigas pesetas, segundo consta no proxecto>.
Horacio Cupeiro engade que <agora falta que nos expliquen porqué non se fixo a pista deportiva e os vestiarios previstos enriba do vertedoiro>.