BARREIROS .- O Alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, entregou material deportivo, balóns e unha canasta para Psicomotricidade ós colexios de San Miguel e San Cosme; “algo que facemos un pouco a petición dos profesores porque falamos con eles das necesidades que teñen e comprámoslles unha serie de material para que o poidan empregar os nenos” asegurou o rexedor.
Nota de Prensa
O ALCALDE ENTREGOU HOXE MATERIAL DEPORTIVO ÓS COLEXIOS DE SAN MIGUEL E SAN COSME.
Barreiros, 10 de outubro de 2008. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, fixo entrega esta mañá en nome do Concello de material deportivo ós colexios de San Miguel e San Cosme. O rexedor explicou que <continuando co que vimos facendo todos estes anos procedemos hoxe a facer esta entrega deste material nos colexios. Algo que facemos un pouco a petición dos profesores porque falamos con eles das necesidades que teñen e comprámoslles unha serie de material para que o poidan empregar os nenos>.
Ás once e media da mañá o alcalde acudiu ó colexio de San Cosme para facerlles entrega dunha partida de balóns e de material deportivo e media hora despois ás doce trasladóuse ó colexio de San Miguel onde lles entregou unha canastra para psicomotricidade. Alfonso Fuente asegura que <se trata dunhas axudas que se veñen concedendo desde hai anos para cubrir esas carencias que sofren ás veces os colexios, xa que o material é limitado e hai que complementalo>.