Nota de Prensa
O ALCALDE CONVOCA A COMERCIANTES E EMPRESARIOS A UN ENCONTRO QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO XOVES PARA FALAR DO FUTURO DO POLÍGONO DO PERDOURO.
Burela, 3 de outubro de 2008. O alcalde de Burela, Alfredo Llano convoca a comerciantes e empresarios a un encontro que se celebrará o vindeiro xoves 9 de outubro ás oito da tarde no salón de plenos do Concello para falar da ordenación detallada do polígono comercial e industrial do Perdouro.
O rexedor di que <nese encontro estarán presentes técnicos de urbanismo e imos explicarlles a comerciantes e empresarios as nosas intencións sobre ese espacio que queremos materializar e organizar perfectamente coma polígono industrial e comercial>. Alfredo Llano engade que <o que se pretende é darlle valor a todo o que está alí e procurar tamén dotacións e servizos axeitados, propios dun polígono>.
Llano considera que <a xuntanza do xoves será un intercambio de opinións, agardando que nun espacio corto de tempo esa zona quede normalizada e nos sirva para utilizar como polígono industrial e comercial>.