CERVO .- A exposición “Galicia, conservando a natureza” da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e promovida polo concello de Cervo, permanecerá aberta ao público dende hoxe luns, 6 de outubro, no centro expositivo de Sargadelos.
Segundo indicou o concelleiro de Educación do Concello de Cervo, Antonio Basanta, esta mostra pretende que todos os galegos e galegas -e máis especialmente, os habitantes dos espazos naturais protexidos- coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais. “ A exposición tamén pretende sensibilizarnos a todos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a abriga de preservar para as xeracións futuras” indicou Basanta.
Neste senso o responsable en materia educativa cervense animou a todos os veciños do municipio e doutras localidades a visitar a mostra e salientou o seu carácter didáctico. “Por iso, dende o Concello temos programado unha serie de visitas guiadas para que todos os escolares dos centros educativos do concello podan visitala” indicou.