OUROL .- O consello da Xunta aprobou un decreto sobre o cambio de titularidade a favor do concello de Ourol dos treitos das estradas autonómicas que atravesan o núcleo urbano da localidade.
A transferencia atinxe a totalidade da estrada LU-105, uns 800 metros que comunican o núcleo urbano coa estrada Viveiro-Cabreiros, e a dous treitos sobrantes da LU-540, Viveiro-Cabreiros, un de case 700 metros de lonxitude ao seu paso pola localidade de Ourol, e outro de 620 metros no núcleo de Vilares.
O Concello de Ourol asumirá a xestión, mantemento, conservación e explotación do devandito treito.