Nota de Prensa
O GPPP AFIRMA QUE A DEPUTACIÓN ENTORPECE AS OBRAS DOS ASCENSORES DE LOURENZÁ E MONDOÑEDO
* Os populares din que Besteiro desprecia ós veciños destes concellos ó non dar prazos.
Lugo, a 4 de outubro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular asegura que a Deputación non tén ningún interese en acometer as obras de colocación de senllos ascensores nas casas consistoriais dos concellos de Lourenzá e Mondoñedo, e que, de feito, adicase a entorpecer o comenzo das obras.
O GPPP presentou unha pregunta ó respecto no pleno da Deputación do pasado martes sobre os trámites administrativos e prazos de realización. A resposta do Presidente restrinxiuse a dar conta de que se lle enviara un escrito á empresa sobre obras a aceptar, eludindo dar prazos sobre a súa execución.
O voceiro adxunto dos populares José María González Barcia explicou que o escrito que se enviou á empresa, “asinado por un funcionario nin tan siquera por un político”, puntualizou, adxunta un informe de marzo de 2007 no que se indica as obras a incluir no proxecto e que o seu custo ascende a 5.600’00 €.
“Pero é que ese escrito envíase o día 12 de setembro do presente ano, tres meses despois de que a empresa lle solicitase por escrito á Deputación a finalización dos trámites para comenzar a obra”, indica Barcia, ó tempo que salienta que “o mesmo día 12 de setembro sae nos medios de comunicación a denuncia do PP de que as obras están sin facer”.
Polo tanto, ó entender de González Barcia, “temos que concluir que a Deputación limítase a non facer nada, o que de por si xa significa entorpecer a realización das obras”. O voceiro adxunto do GPPP lembra que se a Deputación non pode asumir 5.600’00€ nunha obra de 120.000’00€, “amañados imos”.
Para Barcia non se vé intención ningunha en Gómez Besteiro de acometer as obras porque non dá nin solucións nin prazos. “O que sí se lle vé é un claro desprecio ós cidadáns de Lourenzá e Mondoñedo, especialmente a aqueles que teñen problemas de movilidade. Desprecio que seguramente os veciños destes concellos saberán valorar como se merece no seu debido momento”, engade.