BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, firmará en Lugo o venres un convenio con Medio Rural “para arranxar camiños nas parroquias de Vilamar e San Miguel de Reinante por importe de 103.000 euros”. O rexedor afirma que “esto ven continuando coa boa sintonía que hai entre o noso concello e a Consellería de Medio Rural porque hai uns meses que asinamos outro convenio por valor de 190.000 euros para a reparación de camiños que xa está adxudicado polo que as obras se iniciarán de inmediato”.
Fuente engade que “este novo convenio que firmaremos o venres suporá que as obras poidan dar comenzo no primeiro trimestre de 2009, polo tanto eu creo que é unha forma de ir arranxando todas estas infraestructuras viarias que temos no concello que son tan amplias e que se van deteriorando polas inclemencias metereolóxicas e polo paso continuo da maquinaria cada vez mellor e máis pesada dos veciños que traballan no medio rural. É unha boa noticia a que recibimos hoxe”.
O Concello de Barreiros recibirá 103 mil euros da Consellería de Medio Rural para amañar camiños
O Concello de Barreiros recibirá 103 mil euros da Consellería de Medio Rural para amañar camiños
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña