Fernando Suárez asegura que o camión “era absolutamente necesario porque dos dous vehículos que tiña o Concello de Ribadeo destiñados á recollida do lixo, un deles, un camión Pegaso moi vello xa non podía máis e hai xa unha temporadiña dixo que definitivamente non volvía andar. A partires de aí realizamos unha serie de xestións coa Consellería de Medio Ambiente e hoxe está aquí o seu delegado para o acto de entrega deste vehículo que vai resolver unha eiva moi importante que tiñamos”.
O alcalde engade que “agora xunto co outro camión que adquirimos hai uns seis anos e que funciona perfectamente incorporamos ao parque de maquinaria municipal un novo vehículo Mercedes cunha capacidade de 18 metros cúbicos cando o anterior só tiña 10. Polo tanto, pensó que hoxe o parque de maquinaria do Concello é un pouco máis moderno e ten un novo vehículo exemplar e temos que estarle agradecidos á Consellería de Medio Ambiente”.