José Carlos Rodríguez Andina dixo que así finalizan cinco anos e medio de sufrimento e mostrouse moi emocionado nunha rolda de prensa que ofreceu este xoves para dar a coñecer o auto xudicial e a súa opinión respecto diso.
Andina destacou que non chegou a ser xulgado e que o auto da Audiencia Provincial di que cobrou dietas de menos e non de máis. Ademais anunciou que estuda reclamar danos e prexuízos.