BURELA .- A próxima fin de semana terán lugar en Burela unhas Xornadas baixo o lema: Referentes para a Mocidade, Movementos sociais e loitas populares na Mariña, organizadas pola Comisión de Organizacións Xuvenís de Burela, co seguinte programa de conferencias:
O Venres, 3 de outubro, ás 20 horas, trataranse o temas “Xove Nuclear Non”, por Francisco Luís R. Guerreiro da Asociación Cultural Sementeira de Viveiro e “O Casón: a resposta operaria” por Antón Casal, Ex membro do comité de Empresa.
O sábado, 4 de Outubro, ás 19:30 horas, haberá unha mesa redonda baixo o título “25 anos do Buril: os comezos do asociacionismo en Burela, na que participarános ex-directivos do Buril, Bernardo Penabade, Inma Orol, Emilio G. Legaspi e Xosé Manuel Nebril.
Os actos serán no salón de conferencias da Antiga Biblioteca de Burela.
Pola noito haberá unha cea homenaxe aos 25 anos do Colectivo Cultural Buril. Para participar pódese retirar as tarxetas no restaurante Palacio de Cristal.