Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha caravana de San Cibrao a Morás pedirá a apertura do dique norte do porto de Alcoa

Dique norte do porto de Alcoa

Dique norte do porto de Alcoa

SAN CIBRAO / XOVE .- A cita é o sábado as 12 da mañá na praza da Casa da Cultura de San Cibrao. Desde alí partirá, media hora máis tarde, unha caravana de coches que se dirixirá a Morás, en Xove, ó dique norte do porto de Alcoa. Con esta iniciativa quere o BNG reivindicar a apertura de un dique de atraque do porto de Alcoa ó tráfico comercial, tras ter “presentando a tal fin diferentes iniciativas institucionais, a maior parte delas aprobadas, sen que a día de hoxe por parte do Ministerio de Fomento se teña atendido as reivindicación da sociedade da Mariña”. A proposta de apertura do porto de Alcoa é o primeiro punto do decálogo de propostas que o BNG fixo para A Mariña nas pasada eleccións.

Exit mobile version