Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan o domingo os actos da Semana da Mobilidade en Burela

BURELA .- Continúan en Burela os actos programados dentro da Semana da Mobilidade que remataran o domingo con un circuito pechado, para vehículos sen motor, nas rúas Pardo Bazán e Castelo que estarán por este motivo pechadas ao tráfico entre as catro e media e as sete e media da tarde. Plenario no Concello co alcalde, Alfredo Llano; o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech e a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza. Os veciños poden acudir a expoñer as súas inquedanzas en materia de tráfico ou da posible peatonalización de rúas na vila.

A axenda para hoxe e para a fin de semana é a que segue:

Venres

-18:00 horas: Plenario no Concello co alcalde, Alfredo Llano; o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech e a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza. Os veciños poden acudir a expoñer as súas inquedanzas en materia de tráfico ou da posible peatonalización de rúas na vila.

Sábado

-12:00 horas: Pasarrúas da Banda Municipal de Burela polas rúas que estarán cortadas ao tráfico rodado no entorno da Praza do Concello e Eijo Garay.

-13:00 horas: Izado da bandeira verde coa que foi galardoado o Concello coma municipio responsable no medio ambiente.

-De 16:00 a 18:00 horas: Na Praza do Concello haberá actividades de educación vial para nenos que realizarán as monitoras de Gaia.

-18:00 horas: Tamén na Praza do Concello a Burela Blues Band ofrecerá un ensaio público.

O venres e o sábado desenvólvense as xornadas gastronómicas da orella e da lingua en varios establecementos hostaleiros da localidade.

Domingo

-De 11:00 a 16:00 horas: Na Praza do Concello as monitoras de Gaia realizarán un mosaico co logotipo da semana europea da mobilidade.

Luns

-De 17:00 a 19:00 horas: Circuito pechado para vehículos sen motor nas rúas Pardo Bazán e Castelo que estarán por este motivo pechadas ao tráfico entre as catro e media e as sete e media da tarde.

Respecto do paso de peóns

A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, destaca a participación que están a ter os actos organizados en Burela “o mércores pola tarde ata 200 nenos chegaron a estar con nós nos xogos populares que houbo na praza do Concello”. Pero a edil socialista destaca sobre todo a participación dos alumnos de 4º de ESO dos centros Vista Alegre e Virxe do Carme na actividade denominada Paseando ao colexio “os rapaces realizaron un cuestionario que se fixo para a ocasión e coma incidencias destacaron o pouco que se respectan os pasos de peóns en Burela por parte dos conductores e os moitos excrementos de cans que se atoparon polas beirarrúas… polo que desde o Concello facemos unha chamada aos conductores para que se fixen nos pasos de peóns e aos propietarios de cans para que recollan os excrementos das súas mascotas. Nós queremos que Burela estea ainda máis limpa”.

Exit mobile version